DUVI | Sadisir: Sistema de Automatización da Diagnose a partir de Signos Radiolóxicos. Este é o nome dunha ferramenta creada por persoal investigador da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense que, mediante a combinación de técnicas de intelixencia artificial e modelos de aprendizaxe automática, infire automaticamente a ou as diagnoses médicas máis probables a partir dos signos presentes nunha imaxe de raios X. Ademais, automatiza a xeración de informes que amosan, de xeito conciso, a diagnose atopada.