DUVI | Hai dous anos, investigadoras de Future Oceans Lab, lideradas pola súa responsable, Elena Ojea, xunto coa docente e investigadora de Departamento de Dereito Público Laura Movilla, convertíanse nas representantes da UVigo no proxecto internacional Interreg Mediterráneo Engaging Mediterranean key actors in Ecosystem Approach to manage Marine Protected Areas to face Climate change (MPA-Engage). Coordinado polo Institut de Ciències del Mar del Consejo de Investigación Español (CSIC) e coa participación doutras 14 institucións europeas, o proxecto centrouse durante 24 meses en dar soporte e promover a función das áreas mariñas protexidas para a adaptación e mitigación dos impactos do cambio climático, deseñando plans de adaptación para as Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) do Mediterráneo de Brijuni (Croacia), Portofino (Italia), Calanques (Francia), Zakynthos (Grecia), Karaburuni (Albania), Cap de Creus (España) e Tavolara Punta Coda Cavallo (Italia).