DUVI | Co obxectivo de afondar na investigación da cultura popular en lingua inglesa a través de manifestacións artísticas concretas e que o alumnado de grao, mestrado e doutoramento compartise o seu traballo de investigación sobre esta temática, este mércores celébrase no salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución a primeira edición do seminario Cultural Studies Reloaded: Analysing Popular Manifestations in English. Organizado polas docentes e investigadoras do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá Adriana Taboada e Inmaculada Pérez, o seminario inclúe unha ducia de charlas, dúas delas conferencias plenarias e tres paneis, integrados por alumnado da UVigo e tamén da USC e da Universidad de Extremadura.