DUVI | Durante catro anos e cun orzamento de 170.000 euros, Guillermo Velo Antón, investigador do grupo Ecoevo da Universidade de Vigo, lidera un equipo científico que está a avaliar as respostas dos vertebrados ás plantacións de árbores invasoras.
Como explica o científico, este proxecto, que botou a andar hai un ano e rematará en 2027, xurdiu dun interese común: coñecer o efecto que as plantacións e os hábitats dominados polo eucalipto poden ter sobre os patróns de diversidade e abundancia de vertebrados, así como os posibles cambios que se pode xerar nas especies que frecuentan estes hábitats. O proxecto está coliderado pola catedrática de María Calviño, que leva anos estudando os efectos dos eucaliptais en comunidades de distintos grupos de organismos, incluíndo liques, musgos, plantas vasculares e aves, en dous proxectos anteriores. Xunto con eles dous, tamén están involucrados no estudo científicos do CIBIO – Centro de Investigação em Biodiversidade e Recursos Genéticos – da Universidade de Porto.