DUVI | Educar culturalmente sen esquecer a súa función de entretemento. A versión máis seria dos videoxogos, os denominados Serius Game ou xogos formativos, nos que aprendizaxe e diversión van da man, son cada vez máis habituais. Conscientes desta tendencia investigadores da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela puxéronse mans á obra na posta en marcha dun ‘xogo serio’ ambientando no Camiño de Santiago que facilita aos seus potenciais xogadores e xogadoras mellorar a aprendizaxe da fonética e pronuncia da lingua inglesa. Foi un traballo plural que contou coa colaboración de profesionais de moi distintas áreas, entre eles da histórica agrupación Luar na Lubre que, de xeito totalmente altruísta, cederon cortes da súa obra Vieiras e vieiros: historias de peregrinos como banda sonora.