DUVI | Co obxectivo de trasladar á poboación a importancia do tempo e do clima, a Organización Meteorolóxica Mundial celebra cada 23 de marzo do Día Mundial da Meteoroloxía, que este ano 2023 está dedicado ao futuro do tempo, o clima e a auga a través das xeracións. De todas as perspectivas posibles para achegarse á ciencia multidisciplinar que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos que aí se producen e as leis que os rexen, unha delas é a que se centra en coñecer como o océano afecta ao medio atmosférico e viceversa.