DUVI | 52 universidades, consorcios e empresas de toda Europa forman parte do proxecto European Language Equality (ELE) que ten como finalidade acadar a plena igualdade lingüística no continente en 2030. Para chegar a acadar este obxectivo, os parceiros desta iniciativa levan meses avaliando o estado actual da tecnoloxías lingüísticas dos diferentes idiomas europeos. A catedrática Carmen García Mateo e o investigador José Manuel Ramínez Sánchez, do Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) da Universidade de Vigo foron os encargados de analizar a situación en canto a recursos, servizos e comunidades de falantes do galego e as súas conclusións amosan que este idioma está á cola en canto a recursos e aplicacións respecto ao resto de linguas oficiais do estado.