DUVI | Seleccionado na convocatoria do programa europeo Erasmus+ para o desenvolvemento de proxectos de educación, formación, xuventude e deporte, RemixED ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento profesional do profesorado das etapas educativas previas á universitaria a través do traballo cunha serie de recursos educativos abertos centrados no manexo do estrés e a autorregulación. Coordinado polo grupo de investigación en Tecnoloxías Interactivas e Distribuídas para a Educación (TIDE) da Universitat Pompeu Fabra (UPF), este proxecto reúne investigadores e profesorado de España, Dinamarca e Chipre, entre os que se atopan cinco integrantes do grupo Sepcom, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.