DUVI | Unha vintena de investigadores e investigadoras presentan no campus de Vigo entre hoxe mércores e mañá xoves os últimos avances no eido da estatística, no marco do Workshop on Statistics. Este evento, que ten como sede a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, está organizado polo grupo SiDOR, pertencente ao CINBIO, ao abeiro do proxecto nacional MECANOS3, que se centra nos novos avances metodolóxicos e computacionais en estatística non paramétrica e semiparamétrica.