Investigadores de Vigo e Oviedo proban con éxito en laboratorio o seu deseño de antena para un rover de exploración das covas lunares

DUVI | Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense, onde se probou a súa resposta ás temperaturas e ao baleiro do espazo.