DUVI | Durante o primeiro ano de pandemia, o 99% das mortes por covid-19 producíronse en persoas maiores de 50 anos, e máis do 70% eran maiores de 80 anos pese a representar menos do 9% da poboación galega. Co avance da pandemia e a xeneralización de probas PCR entre a poboación, a porcentaxe de casos detectados por grupo de idade é moi semellante practicamente en todos eles. Estas son algunhas das conclusións recollidas nun traballo realizado por investigadores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela e do Sergas no que se analizan os datos dun ano de pandemia en Galicia.