DUVI | O Programa para Maiores da Universidade de Vigo, que este ano celebra o seu vixésimo aniversario, conta nas súas aulas cun alumnado que, tras décadas de dedicación profesional, ten coñecementos e experiencia sobre temáticas moi diversas. Para aproveitar todo ese potencial a vindeira semana botará a andar o ciclo Embaixadores/as da ciencia e do coñecemento, unha iniciativa que tratará de achegar o seu saber sobre temas como medicina, xeopolítica, emprendemento, clima ou enerxía a toda a cidadanía.
O alumnado do Programa para Maiores exercerá de embaixadores e embaixadoras da ciencia ante a cidadanía
