DUVI | Despois de case 20 anos de traballo, o detector Califa xa está listo para funcionar en Alemaña. Liderado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, este calorímetro conta coa participación da Universidade de Vigo. Os seus últimos módulos instaláronse esta semana no laboratorio de física nuclear FAIR.