O emprego das TIC na aula, fonte de emocións positivas para o profesorado

Uso dos recursos TIC no contexto de ensino-aprendizaxe: un eixe na motivación docente

DUVI | “O profesorado que, polo que sexa, comeza a empregar tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na aula recibe emocións positivas co seu uso e percibe satisfacción profesional co seu coñecemento”. Esta é unha das conclusións recollidas na súa tese de doutoramento por Eva Moreira, egresada en Psicopedagoxía e docente de Educación Secundaria na especialidade de Orientación Educativa. Nela, sinala como “a maioría dos docentes entenden que o seu traballo non pode quedar fóra do uso das TIC en todas as facetas do seu desempeño”.