O grupo de Linguas Signadas lanza cinco vídeos que achegan a figura de Delgado Gurriarán ás nenas e nenos xordos

Un dos cinco vídeos en lingua signada sobre Delgado Gurriarán

DUVI | “Queremos que as nenas e os nenos xordos poidan celebrar o Día das Letras Galegas na súa lingua e que todos os nenos en xeral teñan a posibilidade de coñecer unha lingua visoxestual”. Así explica a profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución Inmaculada Báez a idea coa que  desde o Grupo de investigación de Lingua Española e Linguas Signadas se puxeron mans á obra na gravación de cinco vídeos cos que difundir entre os máis pequenos a figura da persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas, neste caso Florencio Delgado Gurriarán.

Seguir lendo no Duvi