O programa Ciencia de ida e volta espallará a divulgación científica polos tres campus ata o verán

Presentación Ciencia de Ida e Volta 22-23

DUVI | Dende este mes e ata o comezo do próximo verán, os tres campus da Universidade de Vigo acollerán diversas propostas de divulgación científica que buscan promocionar e difundir a cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía, en xeral. Estas actividades desenvolveranse baixo o paraugas do programa Ciencia de ida e volta, o plan anual de actividades 2022/2023 da Unidade de Cultura Científica da UVigo, que este xoves se presentou no edificio Ernestina Otero da man das vicerreitoras de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio e de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama.