O programa de divulgación Ciencia de ida e volta espállase polos tres campus con máis de 15 actividades ata o mes de xuño

DUVI | Ao longo deste curso académico as actividades de divulgación científica da Universidade de Vigo espallaranse polos tres campus para implicar á cidadanía no traballo dos grupos de investigación da institución e visibilizar como as distintas liñas científicas tratan de responder ás necesidades da sociedade. En total, o Plan anual de actividades da UCC+i, bautizado como Ciencia de ida e volta, comprende máis de 15 propostas ata o vindeiro mes de xullo, como explicou nunha rolda de prensa este martes Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais.

O plan conta un orzamento de 129.000 euros, dos cales 30.000 son achegados pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT, triplicando así a axuda respecto da edición anterior.