DUVI | Tras tres anos de traballo, con 10 institucións europeas implicadas, 20 organismos colaboradores e 2,3 millóns de euros de orzamento, o proxecto Atlantic-POSitiVE de loita contra a avespa velutina conclúe este mes de xuño. E faino, segundo a entidade coordinadora, a Fundación CEER, Centro de Estudos Eurorrexionais, de xeito exitoso, despois de conseguir, entre outros avances, crear unha plataforma de predición en liña para avaliar o risco de invasión e monitorizar os cambios na distribución desta especie invasora con ferramentas estatísticas e tecnolóxicas.