DUVI | Tras un ano de traballo, o consorcio do proxecto Biocellphe, liderado pola Universidade de Vigo e do que forman parte outras seis institucións europeas, reuniuse en Vigo para avaliar os primeiros resultados obtidos na procura dunha tecnoloxía de vangarda para a diagnose do cancro a nivel de célula individual. Á fronte deste proxecto, cun orzamento de 3,5 millóns de euros da convocatoria europea FET-OPEN, está Isabel Pastoriza, investigadora principal do grupo Functional NanoBioMaterials do Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, da Universidade de Vigo.