O proxecto E-Hydro permitirá empregar xemelgos dixitais para a xestión avanzada de recursos hídricos

DUVI | Nun contexto marcado pola problemática e crecente presión sobre os recursos hídricos, cunha poboación en aumento e o cambio climático como factor engadido, a óptima xestión destes recursos naturais é esencial. O proxecto E-Hydro avanza neste sentido e propón o uso dun xemelgo dixital hidrolóxico, unha plataforma de modelización e virtualización de recursos hídricos, empregando tecnoloxías avanzadas para mellorar a xestión e conservación dos recursos.