O proxecto europeo Keep On pecha no campus o seu traballo de mellora das políticas de cooperación e sostibilidade en patrimonio cultural

DUVI A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolle este xoves e venres a xornada de peche do proxecto europeo Keep On, centrado na mellora das políticas de cooperación e sostibilidade no ámbito do patrimonio cultural. A cita, organizada polo Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, da Deputación de Ourense) como xefe de filas, permite aos socios procedentes de Polonia, Grecia, Países Baixos, Portugal, Italia e Croacia compartir as actuacións levadas a cabo nos seus respectivos territorios e os principais resultados obtidos.