DUVI | O campus de Ourense acolleu este venres unha xuntanza do proxecto europeo Promiseang, centrado no desenvolvemento de novas proteínas a partir de biomasa de fontes mariñas subexplotadas. Nel participan once entidades de cinco países europeos, entre eles a Universidades de Vigo, líder da iniciativa.
Promiseang arrancou en setembro de 2023 e está previsto que remate en agosto de 2027, contando con financiamento da Circular Bio-based Europe Joint Undertaking, da Unión Europea. Ademais da UVigo son socios o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC); Conservas Rianxeira SA; Contactica SL; Moa Biotech SL; o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía; a Associação do Instituto Superior Técnico para a Investigação e Desenvolvimento; Biozoon Food Innovations Gmbh; Centiv Gmbh; Prof. Waclaw Dabrowski Institute of Agriculture and Food Biotechnology e a University of Veterinary Medicine Budapest. Na súa xuntanza en Ourense cada socios expuxo o estado do seu traballo e próximos pasos a seguir.