DUVI | O proxecto MoBAE Cadea de Valor da Mobilidade Avanzada e Estendida en Galicia e Norte de Portugal, coordinado pola Universidade de Vigo e integrado por investigadoras e investigadores da UVigo, a Universidade do Minho, o CSIC, o Igape e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), acaba de lanzar unha nova iniciativa, neste caso en forma de selo de excelencia, unha medida coa que pretenden distinguir os proxectos ou ideas de negocio máis prometedores dentro do sistema produtivo de mobilidade.