O proxecto Ocimer mellorará o cultivo do ourizo de mar e repoboará con 30.000 exemplares as zonas sobreexplotadas da ría de Vigo

Proxecto Ocimer

DUVI | O ourizo de mar é unha pesqueira de alto valor comercial e o seu consumo pode ser trazado ata a prehistoria, pero a sobreexplotación dos bancos naturais provocou nos últimos anos unha importante diminución da explotación mundial desta especie, da que Galicia é a principal produtora en Europa. Para facerlle fronte a esta situación, países como Xapón ou EEUU, dous dos maiores produtores mundiais, comezaron a apostar pola acuicultura e a desenvolver plans de explotación e experimentos de repoboación a escala piloto. É neste contexto no que xurde o proxecto Ocimer, unha iniciativa da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (CIM-UVigo) para a optimización do cultivo integral do ourizo de mar Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816). Con dous anos de duración e un orzamento total e 148.420€, o proxecto forma parte da convocatoria Pleamar, que impulsa a Fundación Biodiversidad, entidade que financia un 70% do total dos custes, grazas a fondos do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Este mércores, os seus responsables presentaron as principais liñas de investigación na sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, socio do proxecto xunto coa Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas. O obxectivo xeral do proxecto é…