DUVI | A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este mércores tarde no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela o acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia. O proxecto PolyDeep: sistema intelixente de detección e clasificación en tempo real de lesións colorrectais mediante deep learning, liderado desde a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, recibiu o premio Francisco Guitián Ojea de investigación aplicada, dirixido a recoñecer a creación, a cargo dun grupo de investigación, dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico.