Os Premios Alumni-UVigo poñen rostro ao talento das egresadas e egresados da Universidade de Vigo

DUVI | Verónica Codesido, Patricia García, Óscar Penín, María Calvo e María Carrera. Os cinco estudaron na Universidade de Vigo e os cinco son desde este venres Premios Alumni-UVigo, galardóns que recoñecen un labor persoal e profesional que destaca pola súa valía e por ser exemplo de bo facer.