Os Premios GirlGeekCovid distinguen a traxectoria académica de catro mozas STEM

DUVI Da 7615 persoas que estudan carreiras do eido científico e tecnolóxico na Universidade de Vigo, só o 32% son mulleres. En cambio, a cifra global de alumnas na institución é do 52%. Estes datos demostran que segue persistindo unha fenda xénero e uns estereotipos que inflúen á hora de elección dos estudos, que provocan que, por exemplo, nos estudos da rama de ciencias da saúde as mulleres sexan o 78% do total.