O estudante de doutoramento Marco Casanova participa na creación do satélite EarthCARE

Captura do satélite tras ser lanzado

DUVI | Na madrugada do mércores lanzouse con éxito desde a base espacial de Vandenberg, en California, Estados Unidos, o satélite EarthCARE. Trátase dunha misión da Axencia Espacial Europea e a súa homóloga xaponesa (JAXA) destinada a estudar como as nubes e os aerosois afectan ao clima do planeta Terra. Entre o equipo que participou na primeira liña deste proxecto está Marco Casanova, egresado da primeira promoción da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense e alumno de doutoramento da UVigo. El foi o responsable do computador de a bordo de EarthCARE.