Premian unha metodoloxía que permite determinar de xeito automático o risco de incendio preto das estradas

DUVI A través do desenvolvemento de algoritmos automatizados para a análise de datos LiDAR e de imaxes multiespectrais obtidas por satélite, a investigadora do grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas, que forma parte do Cintecx, e profesora da Escola de Enxeñaría Forestal Ana Novo xerou unha metodoloxía para a inspección automática da vexetación na contorna das estradas, que permite á súa vez determinar, tamén de xeito automático, o risco de incendios forestais nestas zonas. Tanto pola súa relevancia no eido científico e tecnolóxico, como pola súa contribución no ámbito da seguridade humana, a súa investigación foi recoñecida co primeiro Premio Cátedra Manuel Ballbé SHDG-Securitas, un galardón promovido pola Unversitat Autónoma de Barcelona (UAB) e Securitas Seguridad España.