DUVI | Segundo os datos da Asociación Internacional do Surf, en España e Portugal preto de medio millón de persoas practican un deporte que con frecuencia convirte a aqueles e aquelas que o realizan en posibles intervenientes nun incidente acuático. Levar a cabo o “primeiro intento de analizar a frecuencia e as condicións” dos rescates realizados por surfistas nestes dous países constituía un obxectivos da tese de doutoramento que Joel de Oliveira defendeu na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. A través dun cuestionario respondido por 2048 surfistas de ambos países, De Oliveira puido constatar que o 78,5% tiveran “que realizar cando menos un rescate na súa vida”, pero tamén que pese a que estes deportistas “poden desenvolver un papel importante” á hora de evitar afogamentos, “a gran maioría non tiñan os coñecementos esenciais sobre manobras de rescate e reanimación”.