Máis de 500 estudantes de primaria e secundaria participaron este curso no programa de fomento de vocacións Inspira STEAM

Etiquetas
40 mentoras axudan a derrubar estereotipos de xénero sobre as profesións científico-tecnolóxicas

DUVI | Máis de 500 nenos e nenas de colexios galegos participaron durante este curso no programa Inspira STEAM da Universidade de Vigo, unha iniciativa pioneira de mentoría que, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, busca fomentar o interese da xuventude cara a ciencia e a tecnoloxía, centrándose especialmente nas nenas para espertar entre elas vocacións profesionais en sectores tradicionalmente masculinizados.