Recoñecemento de Cluergal e da revista Dínamo Técnica á directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

DUVI No transcurso do almorzo empresarial Enerxéticos 2023, que se celebrará o 10 de febreiro no Círculo de Empresarios de Galicia de Vigo, a directora da Escola de Enxeñaría de Minas de Enerxía da UVigo, Elena Alonso Prieto, recibirá o recoñecemento do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e da revista Dínamo Técnica. Co galardón Enerxéticos 2023, que tamén recibirán outros oito responsables de entidades e empresas, Cluergal e Dínamo Técnica recoñecen na persoa da directora da Escola, Elena Alonso Prieto, a súa contribución ao desenvolvemento e difusión das enerxías renovables e a sostibilidade enerxética. O xurado responsable de outorgar os premios está formado por membros do comité editorial da revista, dirixida por Fernando Blanco.