Regresa #Hilotesis, o reto de resumir unha investigación en 20 chíos

#HiloTesis

DUVI | Co fin de promover a actividade divulgadora entre o estudantado de doutoramento, a Rede de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga) de Crue I+D+i lanzan a segunda edición do concurso Tu Tesis Doctoral en un Hilo de Twitter: #HiloTesis, á que se suma a Universidade de Vigo. As persoas participantes deberán divulgar a súa tese de doutoramento nun fío de non máis de 20 chíos coas limitacións e posibilidades que ofrece a rede social Twitter.

O obxectivo desta iniciativa é promover o desenvolvemento de habilidades de comunicación e divulgación científica entre o estudantado de doutoramento e entre aquelas persoas que presentaron a súa tese nos últimos meses nas universidades que forman parte de CRUE Universidades Españolas.