DUVI | Propiedade e financiado por Navantia e deseñado e desenvolvido por investigadores e investigadoras da UVigo, o Sistema de Servizos Integrados (SSI) botaba a andar no ano 2015 co obxectivo inicial de reducir o cableado nos buques, un propósito que coa evolución do proxecto derivou no de proporcionar unha infraestrutura dixital, segura e intelixente, que dera soporte e cobertura integral a múltiples servizos e funcionalidades. O despregue do SSI lévase a cabo mediante nodos intelixentes distribuídos por todo o buque, reemplazando ás luminarias convencionais, a través dunha infraestrutura que se converte nunha especie de “sistema nervioso” do buque con aproximadamente 10.000 sensores distribuídos en todos os compartimentos e que permite desenvolver múltiples funcionalidades entre as que actualmente se inclúen: alumeado exterior e interior e sinalización: comunicacións interiores, telefonía, ordes xerais e avisos sonoros; monitorización de persoal, recoñecemento facial e vixilancia biométrica; posicionamento de persoas e equipos, tanto interior como exterior; acceso sen fíos deste terminais móbiles e interfaz vocal con recoñecemento de linguaxe natural.