Teleco estrea olimpíadas para espertar vocacións e visibilizar a potencialidade dos seus estudos

DUVI | Por vez primeira unha vintena de escolas de enxeñaría de Telecomunicación de España, xunto ao Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT) e o Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación (COIT) organizan unha olimpíada nacional, dirixida a alumnado de ESO, Bacharelato e FP, co propósito de promocionar a enxeñaría de telecomunicación, amosando os campos nos que está presente no día a día e como pode mellorar a calidade de vida e en concreto como impacta nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).