Últimos días para presentarse aos Premios GirlGeekCovid, que buscan as mellores estudantes STEM

Premios GirlGeekCovid

DUVI | A presenza de mozas nas titulacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) segue a ser moi reducida xa que tan só un 25% das mulleres estudan este tipo de carreiras. Por iso, “incentivar, apoiar e fomentar” este tipo de estudos entre as estudantes é unha prioridade para a Cátedra de Feminismos 4.0 impulsada pola UVigo e a Deputación de Pontevedra, máis aínda cando se estima que no futuro o 90% dos traballos vai a pertencer a estes ámbitos. Unha das ferramentas para achegar este tipo de graos ás mozas son os Premios GirlGeekCovid, unha iniciativa que botou a andar en 2020 nun “contexto de pandemia e crise económica, que afecta en maior medida as mulleres, a fin de promocionar e incentivar os estudos STEM, campo no que hai unha menor presenza de mulleres, pese importancia estratéxica deste ámbito na nosa sociedade, o que pode redundar no incremento da fenda de xénero no futuro das novas xeracións”.