Un equipo liderado desde a UVigo realiza una intervención arqueolóxica no abrigo de Peña Piñera, en León

DUVI | Desde este luns e ata o sábado 20, un equipo liderado desde o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo desenvolve unha intervención arqueolóxica no abrigo de Peña Piñera, en León. O seu obxectivo é avanzar no coñecemento deste enclave, que destaca polas súas representacións pictóricas de arte esquemática de época prehistórica.