Un grupo operativo avanza no aproveitamento de residuos porcinos e forestais para mellorar a calidade dos solos

DUVI | Desde o ano 2022, un equipo da Universidade de Vigo participa no Grupo Operativo Novos aproveitamentos de emendas obtidas de residuos porcinos e forestais para a mellora da calidade dos solos. Nel desenvolveuse un proxecto para obter unha emenda orgánica, resultado da mestura de residuos porcinos e forestais, de aplicación para o mantemento da fertilidade dos solos con cultivos leñosos (vide, oliveira e pistacho) así como na conservación de solo en zonas onde o cambio de uso favorecería a súa perda por erosión.