DUVI | Promocionar o envellecemento saudable e buscar maneiras de previr e tratar a soidade non desexada nas persoas maiores. Este é o obxectivo do convenio asinado este luns pola Universidade, a Área Sanitaria de Vigo e a Sociedade Galega de Xeriatría, un acordo co que as tres institucións tratarán de unir forzas na prevención nunha das cuestións con maior impacto na saúde das persoas maiores. O acordo foi asinado este luns nas instalacións do Hospital Álvaro Cunqueiro por parte do reitor, Manuel Reigosa; o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (SGXX), José Mª Failde, profesor da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo.