Unha investigadora do CIM desenvolve ferramentas xenéticas para optimizar os stocks de pescada e bacallau

María Fernández

DUVI | A procura de novas de especies cultivables é imprescindible para o desenvolvemento da acuicultura en Galicia, pero tamén é unha ferramenta para protexer determinados tipos de peixes que están sometidos a unha situación de sobre-pesca. Entre as alternativas para esta diversificación da acuicultura están a pescada ou o bacallau, especies que se atopan en diferentes niveis de desenvolvemento e nas que centrou a súa tese de doutoramento a investigadora do grupo ReXenMar do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo María Fernández Míguez.