Unha nova exposición no edificio Redeiras convida ao público a descubrir a ‘arqueoloxía dixital galega’

DUVI | Que fai Microsoft contratando arqueólogos? Esta é a inesperada pregunta que serve de arranque á exposición Arqueoloxía dixital galega, a nova mostra que pode visitarse no edificio Redeiras. Comisariada por Óscar Penín, investigador do GEAAT , o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Facultade de Historia, a exposición adéntrase no traballo da pouco coñecida arqueoloxía contemporánea e nas súas cada vez máis fondas conexións cos mundos virtuais.