Unha nova xeración de sensores permite a detección de nanopartículas de óxido de titanio e de prata na auga mariña

DUVI Científicos do Cinbio, co investigador Miguel Ángel Correa á cabeza, xunto con socios de Francia, Irlanda, Portugal, Reino Unido e España, acaban de desenvolver unha nova xeración de sensores capaces de detectar na auga mariña nanopartículas de óxido de titanio e de prata, partículas diminutas que se atopan en innumerables bens de consumo, desde pinturas, pasando por cosméticos, sobre todo protectores solares, deterxentes, roupa e outros téxtiles. É un dos grandes avances do proxecto de investigación Nanoculture, Avaliación e mitigación de riscos da presenza de NANOmateriais en aquaCULTURA atlántica, financiado polo programa Interreg con preto de 153.000 euros.