DUVI | Dirixida polo profesor da Facultade de Comunicación Daniel Martí, a tese A fotografía dixital na era posfotográfica analiza nese senso tanto o funcionamento deste tipo de comunidades como o tipos de fotografías que comparten nestes espazos dixitais. Partindo da súa propia experiencia como fotógrafa e participante neste tipo de grupos virtuais, Porteiro Sánchez levou a cabo un traballo de “etnografía dixital”, no que adoptou “unha técnica de observación non participante” nunha serie de portais ou redes sociais das que foi participante activa durante anos.