Unha tese de doutoramento defende os beneficios da alfabetización en galego

A investigadora Marta Díaz

DUVI | Que fenómenos ocorren no proceso de alfabetización en galego de nenas e nenos que viven en contornas nas que se fala castelán? Como afecta ensinar a ler e escribir en galego a esta cativada? Que supón aprender normas sociais e de comportamento con rutinas e ordes en galego? Buscando resposta a todas estas preguntas, a xa doutora en Estudos Lingüísticos Marta Díaz realizou na súa tese unha análise etnográfica sobre o vínculo entre o galego e a ensinanza nunha aula de educación infantil da área de Vigo, zona maioritariamente castelanfalante.