Unha tese demostra que as acacias invasoras reducen a abundancia e a riqueza de especies de invertebrados

Acacias

DUVI | O impacto que as plantas invasoras teñen sobre as especies autóctonas é eido de estudo que nos últimos foi cobrando moito protagonismo entre a comunidade científica. Pero a capacidade de expansión destas plantas ten consecuencias máis aló das interaccións planta/planta e planta/herbívoro, xa que poden provocan alteracións tamén nas comunidades de invertebrados. Así o demostran os resultados da tese de doutoramento do investigador da Universidade de Vigo Jonatan Rodríguez titulada No way back: changes in biotic interactions promoted by invasive alien plants, dirixida polos profesores Luis González e Adolfo Cordero.

Na súa investigación centrouse en tres especies leñosas do xénero Acacia (Acacia dealbata ou mimosa, Acacia longifolia e Acacia melanoxylon ou acacia negra–) e a planta suculenta Carpobrotus edulis, coñecida como unlla de gato. O estudo conclúe que…