DUVI | Os ciclóns tropicais, explica Albenis Pérez, constitúen “unha ameaza persistente cada ano para as rexións tropicais e subtropicais”. Tendo en conta o seu impacto, na súa tese de doutoramento, este investigador da Universidade de Vigo identificou as fontes de humidade para a precipitación producida por estes sistemas meteorolóxicos nas seis concas do mundo con actividade ciclónica.