DUVI | Desde o pasado 3 de febreiro desenvólvese no IES O Couto da cidade de Ourense unha nova edición do proxecto MicroMundo@Uvigo, nado co dobre obxectivo de espertar nas novas xeracións a vocación científica e concienciar sobre a necesidade dun uso responsable destes medicamentos. Para acadalo, alumnado e profesorado da Facultade de Ciencias do campus de Ourense está a traballar con 32 estudantes dese instituto nun proxecto de investigación real no que máis de 14 países e 26 universidades de España e Portugal buscan microorganismos produtores de novos antibióticos.