DUVI | O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, e a Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal do Hospital Álvaro Cunqueiro porán á disposición de pacientes diagnosticados coa enfermidade de Crohn ou de colite ulcerosa unha aplicación para o seu autocoidado. Rebeca Díaz, coordinadora do grupo Information and Computing Lab de atlanTTic, e responsable da parte técnica do proxecto xunto ao docente e investigador Manuel Caeiro, do grupo de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos, explica que “creamos un total de 25 unidades didácticas, baseadas en vídeos en pequenos cuestionarios interactivos, para poder definir diferentes itinerarios formativos en función do tipo de tratamento e enfermidade do paciente. Desenvolvimos o conxunto da plataforma co contido facilitado polo equipo de Dixestivo e, polo de agora, temos un piloto que probaremos en 160 pacientes e, en outubro, teremos os primeiros resultados para poder poñelo á disposición dos pacientes que o precisen”, a investigadora da UVigo.