Vídeo | Día Mundial das Persoas Refuxiadas

Portada Persoas Refuxiadas


Con motivo do #DíaMundialdosRefuxiados queremos lembrar unha realidade vivida por moitas persoas que, por diferentes motivos, se viron obrigadas a abandonar os seus fogares e buscar unha vida máis segura noutro país.

O coordinador de ACCEM en Vigo, Daniel Bóveda; o director da Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo, Xosé Mª Mahou; e Siham Elaichi, voluntaria e estudante da mesma universidade, relatan a súa visión do tema, poñendo en valor a importancia da solidariedade e da investigación social, ademais de reafirmar o compromiso da Universidade cos dereitos humanos.