Vídeo | Que facemos? Grupo de Bioloxía Ambiental (BA2)

Que facemos? Especial saúde

Neste novo vídeo da serie “Que facemos?” coñecemos o traballo do Grupo de Bioloxía Ambiental (BA2). A súa investigación diríxese ao coñecemento da biodiversidade dende a óptica da fauna bentónica, da fauna de invertebrados, das especies invasoras, do tratamento dos residuos e da ordenación e xestión forestal sostible

O BA2 é un dos grupos de investigación da Universidade de Vigo que participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT – Ministerio de Ciencia y Tecnología e a colaboración do Concello de Vigo.

Descobre máis sobre a súa investigación da man de Josefina Garrido González, Francisco Ramil Blanco e Salustiano Mato de la Iglesia.